Categorías:

Proxecto do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, financiado pola axuda Foenaa da Deputación da Coruña no ano 2021.
Ao longo desta campaña búscase a concienciación de estudantes e de profesionais de diferentes localidades de Galicia, acerca do labor que leva a cabo o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense para os profesionais sociais, para dar a coñecer o importante labor que fan estes expertos multidisciplinarios, e o esencial de manter ao Colexio, mediante a colexiación e o financiamento das súas actividades. Unha institución que existe por e para os graduados sociais, un lugar onde sentirse apoiado na procura de mellores oportunidades laborais, na concienciación ás administracións públicas, aos traballadores e a os autónomos, de que existe un lugar e unha serie de profesionais dispostos a establecer relacións eficientes e duradeiras no complexo mundo laboral. Todo isto, tentando establecer unha relación das actividades que leva a cabo o colectivo cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), establecidos pola Axenda 2030.

Mediante diferentes xornadas divulgativas impartidas por expertos na materia, inténtase levar aos profesionais a labor deste colectivo e a necesidade que vai asociada ás súas labores e aos colexiados que forman parte del. Primeiro mediante a visita ás diferentes facultades de relacións laborais distribuídas por Galicia (onde se incide na importancia de precolexiación dirixida aos alumnos de último curso de relacións laborais e recursos humanos, do futuro da profesión), e despois cunha traslación da exposición dos Graduados Sociais, distribuídas por diferentes concellos, destinada máis a traballadores, autónomos ou á propia administración. Á concienciación e a dar valor ás actividades do Colexio.
Ligazóns a máis contido:
> Evento de inauguración
> Xornada informativa na Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol
> Xornada informativa na Facultade de Relacións laborais de Santiago
> Xornada informativa na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña
> Exposición na estación de autobuses da Coruña
> Paneis informativos nas Facultades da Coruña, Santiago e Ferrol
> Presentación da campaña “Traballamos pola Xustiza Social nas empresas”, en Concello Carballo
> Presentación Xornada sobre o Impulso ao emprendemento, no Concello de Carballo