Categorías:
Como continuación da campaña divulgativa “Traballamos pola Xustiza Social nas empresas”, do proxecto FOENAA financiado pola Deputación da Coruña, instaláronse durante a última quincena de xaneiro de 2022, varios elementos publicitarios nas Facultades de Relacións Laborais da provincia da Coruña, onde se pretende achegar ao alumnado a figura do Graduado Social na sociedade actual e a importancia da colexiación profesional.
A información que conteñen os tótems e trípticos depositados na Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña, na Facultade de Relacións Laborais de Santiago de Compostela e na Facultade de Ciencias do Traballo de Ferrol; é a seguinte:
“O graduado social é hoxe, na nosa sociedade, un dos valedores das actuacións que se levan a cabo no complexo mundo das relacións laborais. A acción dun graduado social ten un carácter multidisciplinar baseándose en coñecementos laborais contables, fiscais e económicos, pudendo aportar unha solución global máis alá dos aspectos laborais do problema”.
“Precolexiación. Unha forma de dar acceso aos estudantes da carreira de relacións laborais e recursos humanos ao colectivo profesional, puidendo así desfrutar de condicións similares aos colexiados, participando nalgunhas actividades do colexio de forma activa. A figura de precolexiación é transitoria e previa á colexiación. ¡¡¡Únete a traballar pola xustiza social… Coléxiate!!!”
[slide]


[/slide]