Exposición “Traballamos pola Xustiza Social nas empresas”

    Categorías: Etiquetas:

    Comunicámosvos que desde hoxe 28 de decembro de 2021, pódese visitar a exposición “Traballamos pola Xustiza Social nas empresas” na Estación de Autobuses da Coruña. A mesma estará alí situada durante o mes de xaneiro.

    Trátase dunha acción divulgativa dentro do proxecto que financia a Deputación da Coruña e que foi presentado a semana pasada no Palacio Provincial.

    A exposición componse de seis paneis que forman un tríptico xigante e contan información sobre a profesión dos Graduados Sociais, o seu apoio ao emprendemento e o traballo en prol dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=d2f1fb9378274bad89abb36d01d5c77a.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=39fd30fec27546e680325ec36637ae8e.jpg[/slide]

     

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.