Xornada informativa na Facultade de Relacións Laborais de Santiago

    Categorías: Etiquetas:

    Como continuación á charla celebrada na ERLAC, este Colexio celebrou durante a tarde do día 15 de decembro, a segunda das charlas dirixidas ao alumnado das Facultades de Relacións Laborais.

    Nesta ocasión, a xornada desenvolveuse na Facultade de Relacións Laborais de Santiago, impartida por Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º desta Corporación e, Juan Martínez García, Coordinador da Comisión de Relacións Públicas e Vogal Non Exercente da nosa Xunta de Goberno.

    Contamos tamén con Cándido Calo Amigo, profesor de Dereito do Traballo e  Seguridade Social e Celestino Vieites, Xerente do Colexio, que interviñeron no debate posterior.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c2f1f6a657c54602869348c1a558c738.jpg

    </slide>

    Estas charlas nacen de acordo á convocatoria do programa de subvencións FOENAA, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de actividades 2021, promovido pola Deputación provincial da Coruña e no que o noso Colexio participou coa organización deste ciclo de charlas informativas nas Facultades de Relacións Laborais da nosa área de influencia baixo o título: “A responsabilidade do Graduado Social para o emprendemento e a Axenda 2030” e co obxectivo de:

    • Fomentar a cultura emprendedora dos colexiados e alumnado de relacións laborais e establecer ferramentas para o apoio ao emprendedor da provincia da Coruña,
    • Informar sobre a  precolegiación e a colexiación, informar sobre as tarefas e responsabilidades do Colexio.
    • Informar sobre as saídas laborais da profesión.
    • Divulgación dos obxectivos de desenvolvemento sostible e a súa relación co traballo dos Graduados Sociais, en concreto esforzo para alcanzar os ODS 8, 5 e 10; crecemento económico sostible, igualdade de xénero e redución de desigualdades.
    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].