É un Libro habilitado pola autoridade laboral no que o contratista debe reflectir, por orde cronolóxica dende o comezo dos traballos, todas e cada unha das subcontratacións realizadas na obra con empresas subcontratistas e traballadores autónomos. Serve para realizar o control e seguimento do réxime de subcontratación.
Respecto do Libro de Subcontratación, o contratista deberá:
1.- Telo presente na obra.
2.- Mantelo actualizado.
Permitir o acceso ao Libro a:
1.- Promotor, á dirección facultativa e ao coordinador en seguridade e saúde durante a execución da obra.
2.- Empresas e traballadores autónomos da obra.
3.- Técnicos de prevención.
4.- Delegados de prevención e representantes dos traballadores das empresas que interveñan na obra.
5.- Autoridade Laboral.
Conservalo durante os cinco anos posteriores á finalización da súa participación na obra.