
A tenda en liña oficial do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense está ao dispor dos nosos colexiados e do público en xeral, con produtos vinculados á actividade profesional e artigos de interese xeral.
Entre os nosos produtos atoparás:
- Calendarios laborais
- Libros de subcontratación
- Selos profesionais
- Carnés e insignias
- Merchandising oficial
Esta plataforma está deseñada para ofrecer comodidade, acceso directo e unha xestión sinxela de pedidos, con materiais que reforzan a nosa actividade profesional e a nosa identidade colexial.
Nota: Para a correcta aplicación das tarifas como colexiado, é necesario iniciar sesión previamente coas claves correspondentes. Desta forma, o sistema poderá identificar correctamente o tipo de colexiación e aplicar as condicións establecidas.