Categorías:
Co obxectivo de dar a coñecer o necesario e imprescindible papel dos Graduados Sociais no asesoramento, ás nosas empresas, nas obrigacións legais en materia de igualdade, a Escola de Práctica Laboral do Colexio, celebrou o pasado día 9 de febreiro unha Xornada por videoconferencia en directo con soporte na plataforma de Google (Meet) sobre "Os plans de Igualdade", cuxo obxectivo específico é dar a coñecer o proceso de negociación e elaboración dun plan de igualdade, no que se promova a adopción de medidas concretas a favor da igualdade de xénero para garantir a igualdade entre mulleres e homes no acceso ao emprego, na formación e promoción profesionais, e nas condicións de traballo, entre outras materias; contémplase, especificamente, no deber de negociar Plans de Igualdade a partir do mes de marzo de 2021, nas empresas de máis de 100 persoas traballadoras.
A xornada foi presentada por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación, e impartida por Dª Mª Ángeles García Pérez, presidenta de Apregen, Asesora do Presidente do CGCGSE e da Comisión de Igualdade, graduada social, licenciada en dereito e ciencias do traballo.
