Categorías:
Etiquetas:
Na tarde do día 23, este Colexio coa participación de Ibermutua, organizou unha xornada sobre as novidades legais no ámbito da Incapacidade Temporal; a charla foi presentada por Guillermo Hermida Grandío, responsable da Escola de Práctica Laboral desta Corporación, que tras a benvida aos asistentes -tanto presenciais como por videoconferencia – deu paso aos responsables de impartir a materia.
*Juan Carlos García García, subdirector provincial de Incapacidade Permanente da Dirección Provincial do INSS A Coruña
*Rosa Gil Pérez, xefa de sección de control de IT da Dirección Provincial do INSS A Coruña
*Fernando Iglesias Varela, Director de prestacións de Ibermutua en Galicia.
Durante o desenvolvemento da charla explicaron a xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 día de duración (Real Decreto 1060/2022, do 27 de decembro e Orde ISM/2/2023, do 11 de xaneiro), os partes médicos de baixa, confirmación e alta, supresión da copia para a empresa e as súas consecuencias, as responsabilidades das persoas traballadoras, a comunicación do INSS á empresa, as obrigacións da empresa, e outros aspectos desta nova normativa.
[slide]



[/slide]