Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 27 de novembro celebrouse na Facultade de Relacións Laborais de Ferrol a xornada co título "A formación profesional Dual na empresa" que estivo presentada por Antía Sández Callejo, Presidenta do CGRL, Asunción López Arranz, Profesora de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Facultade de Ciencias do Traballo da UDC e Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporación.
[slide]


[/slide]
A primeira dos relatorios versou sobre "O estado actual da Formación Profesional Dual", impartida por Benito Echevarría Samanes, Catedrático Emérito de Orientación e Formación Profesional na Universitat de Barcelona e que foi moderada por Asunción López Arranz .
A continuación expúxose o relatorio co título "Formación Profesional.Dual?: Experiencia , nai das ciencias (QUIXOTE I, 21) impartida por Pedro Rabanal Carbajo, Maxistrado-Xuíz do Xulgado do Social nº 4 de Ourense e moderada por Roberto Barros López, Vocal Ejerciente da Xunta de Goberno e responsable da Comarca de Ferrol.
Despues dunha breve pausa, celebrouse a mesa dos axentes sociais, na que interviñeron representantes da CIG, SN de CCOO de Galicia, UXT-Galicia e dá CEG e que foi moderada por Cristina Fabeiro Varela.
Xa para finalizar Javier Fernandez Travieso, Inspector de Traballo e Seguridade Social, que departiu sobre "As actuacións inspectoras sobre prácticas formativas non laborais (bolseiros) que tambien foi moderada por Cristina Fabeiro Varela.