Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 27 de xaneiro celebrouse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela, o “Encontro do Corredor Atlántico: Unha estratexia conxunta para un proxecto común.” ao que asistiu como convidada a presidenta desta Corporación, Susana Soneira Lema.
[slide]



[/slide]
Galicia, Asturias e Castela e León xa forman unha fronte común para que o Corredor Atlántico sexa unha realidade. Os presidentes da Xunta, Alfonso Rueda; Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco; e Asturias, Adrián Barbón, esixiron este venres en Santiago ao Goberno central que, "por xustiza", impulse o corredor atlántico.
Fixérono coa firma dunha declaración institucional ao peche dun cume que reuniu na capital de Galicia a ao redor dun milleiro de persoas do tecido social e empresarial das tres comunidades. Os tres presidentes autonómicos cuantifican en 7.900 millóns de euros os investimentos necesarios para este Corredor Atlántico Noroeste e demandan máis planificación e compromiso do Goberno de Sánchez para impulsar esta infraestrutura que cualificaron de "estratéxica".
"Unha estratexia conxunta para un proxecto común" é o lema elixido para este importante paso adiante das tres comunidades, que teñen o obxectivo final de que en 2040 póidase dispoñer dunha liña ferroviaria que una o noroeste de España con Europa e que permita trens eléctricos de mercadorías con capacidade para que os camións suban ao tren. Desta maneira, as comunidades triplicarían o volume de mercadorías transportado por ferrocarril, pasando de 7 a 20 millóns de toneladas ao ano.
Agora, unha vez definidas as liñas prioritarias, serán remitidas ao Goberno de España para que sirvan de base na elaboración do Plan Director do Corredor Atlántico. Galicia, Castela e León e Asturias demandan con urxencia unha "folla de roteiro consensuado" a cargo do Ministerio de Transportes, recollendo os investimentos e actuacións necesarias.