Xornada sobre a nova doutrina do Supremo en materia de despedimento improcedente

    Categorías:

    A Coruña, 9 de outubro de 2025.– No marco da conmemoración do centenario da nosa profesión, o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense celebrou na tarde deste mércores unha xornada formativa no reitorado da Universidade da Coruña, centrada na análise da sentenza 736/2025 do Tribunal Supremo, que unifica doutrina e limita a indemnización por despedimento improcedente ao establecido no Estatuto dos Traballadores.

    O acto contou coa presentación do noso presidente, José Lage Cerviño, e foi moderado por José María Santiago García, coordinador de Formación do Colexio. O relatorio estivo a cargo de Raquel María Naveiro Santos, maxistrada do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), quen ofreceu unha análise en profundidade sobre o alcance deste relevante fallo xudicial.

    Más de 500 profesionais do ámbito laboral se incribieron nesta xornada, celebrada en formato híbrido (presencial e en liña), o que reflicte o gran interese que espertou esta cuestión xurídica na nosa profesión.

    A posición do Tribunal Supremo

    A sentenza do Alto Tribunal, ditada o 16 de xullo, establece que as indemnizacións por despedimento improcedente non poderán incrementarse máis aló do disposto legalmente —33 días por ano traballado, cun máximo de 24 mensualidades—, rexeitando así os incrementos que algúns tribunais viñan recoñecendo con base no Convenio 158 da OIT e na Carta Social Europea revisada.

    Durante a súa intervención, Raquel María Naveiro lembrou que o Supremo nega forza vinculante ás decisións do Comité Europeo de Dereitos Sociais (CEDS):

    “O CEDS non é un órgano xurisdicional, as súas decisións non teñen carácter executivo nin constitúen xurisprudencia aplicable”, explicou.

    Ademais, subliñou que a doutrina constitucional española considera adecuada a indemnización taxada prevista pola lexislación laboral, por ofrecer seguridade xurídica e uniformidade.

    Datos de contexto en Galicia

    A resolución do Supremo chega nun contexto de incremento de litigiosidad laboral en Galicia. En 2024 interpuxéronse 6.382 demandas por despedimento, o que representa un aumento do 11 % respecto ao ano anterior. As reclamacións de cantidade tamén creceron un 3,6 %, alcanzando un total de 9.850.

    No TSXG ditáronse 698 sentenzas por despedimento, 163 máis que en 2023, e incoáronse 6.345 casos en materia laboral e social (+5 % interanual). Segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social, en Galicia resolvéronse 29.713 asuntos sociais, con 1.970 sentenzas favorables en conflitos individuais por despedimento e unha indemnización media de 11.093 euros. Ademais, alcanzáronse 2.879 conciliacións, cunha contía media de 11.188 euros.

    Desde o Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, seguimos impulsando espazos de análises e debate xurídico que fortalezan a formación e actualización dos nosos colexiados e colexiadas, contribuíndo activamente a unha mellor comprensión dos cambios normativos e xurisprudenciais que afectan o ámbito laboral.

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=131b499d41d64008af95dad311653cff.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=44ae6afc989147c28f37757f01607010.JPGhttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=aac1a5cb3e634ffca731f64a9433d23b.jpg[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].