Categorías:
[slide]



[/slide]
Seguindo coa programación da Escola de Práctica Laboral, inaugurouse o día 29 de outubro, a II Edición do Curso de Práctica Xurídica de Actuación Profesional ante os órganos Xudiciais e Tribunais de Xustiza da Orde Xurisdicional Social (PROCEDEMENTO LABORAL).
O acto estivo presentado por Dª. Susana Soneira Lema, Presidenta desta Corporacion e D. José Mª Santiago García, Responsable da Escola de Práctica Laboral.
Despois de ambas as dúas intervencións, tomou a palabra, D. José Antonio Barros Rodríguez, Colegiado Ejerciente Libre e responsable da impartición do relatorio no que tratou os seguintes puntos:
• Breve resumo sobre o inicio dos Graduados Sociais na Xustiza Laboral, e o que somos agora na nosa representación técnica nos procesos laborais, recoñecidos polas Normas Procesuais e a Lei Orgánica do Poder Xudicial.
• Lexislación recomendada que debemos ter sempre a man. Instrucións de presentación de demandas e escritos nos Xulgados do Social.
• Representación mediante Poder Notarial, ou a pud-acta no Xulgado (notas adxuntas). Organización dos Tribunais.
• Competencia territorial dos Xulgados.
O día 4 de novembro, a xornada foi impartida polo Ilustrísimo Sr.D. Juan Antonio Rey Pita, Secretario xudicial do Xulgado do Social n.º 3 da Coruña, que tratou o seguinte tema:
• A xurisdición social: Partes procesuais, actos procesuais, conciliación, presenza e asistencia en vistas.
O día 5 de novembro, a xornada foi impartida por D. José Antonio Barros Rodríguez, Graduado Social en Exercicio, que desenvolvo o seguinte programa:
• Introdución das técnicas e requisitos para a elaboración das demandas.
• Papeleta de conciliación e Reclamación previa.
• Análise de competencia territorial para presentación de papeletas de Conciliación ante o SMAC e os xulgados do Social.
• Situación en estrados de todos os profesionais da Xustiza.
• Situación na Sala das partes asistentes (Esbozo descritivo da situación), na Sala de Vistas e Estrados.
• Computo de prazos, días hábiles da actuación procesual.
• Comentarios e Resumo sobre Conciliación e Reclamación Previa, e os seus efectos.
O día 6 de novembro, a xornada foi impartida polo Ilustrísimo Sr. D. Carlos Villarino Moure, Maxistrado do Xulgado do Social n.º 3 da Coruña, que tratou os seguinte puntos:
• Despedimentos disciplinarios. Extinción por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción. Por non pagamento de salarios. Aspectos críticos, substantivos e procesuais.
O día 11 de novembro, a xornada foi impartida polo Ilustrísimo Sr. D. Nicolás E. Pita Lloveres, Maxistrado do Xulgado do Social n.º 4 da Coruña, que desenvolveu o seguinte programa:
• Modificación substancial condicións traballo, mobilidade xeográfica, dereito conciliación vida persoal, familiar e laboral, vacacións.
O día 12 de novembro, a xornada foi impartida por D. José Antonio Barros Rodríguez, Graduado Social en Exercicio, que tratou o seguinte programa:
• Materias e asuntos exceptuados de Conciliación e de Reclamación Previa.
• Caducidade e prescrición (diferenza e conceptos).
• Executividade do acordo de conciliación.
• Prazos xerais de prescrición e caducidade
• Prazos especiais.
O día 13 de novembro, a xornada foi impartida polo Ilustrísimo Sr. D Manuel C. García Carballo, Maxistrado da Sala do Social do TSXG, que explicaría o seguinte tema:
• O recurso de suplicación. Procedementos ante a sala delo Social.
O día 18 de novembro, e por segunda vez no curso,la xornada foi impartida polo Ilustrísimo Sr.D. Juan Antonio Rey Pita, Secretario xudicial do Xulgado do Social n.º 3 da Coruña, que tratou o seguinte tema:
• A execución de sentenzas e demais títulos executivos.
• A taxa no procedemento laboral.
O día 19 de novembro, e en diante as xornadas serán impartidas por por D. José Antonio Barros Rodríguez, Graduado Social en Exercicio, que tratou o seguinte programa:
• Aspectos importantes na Concilación sobre despedimentos.
• Efectos respecto ás garantías subsidiarias do FOGASA en declaración Xudicial de insolvencia da demanda.
• Outros efectos e asuntos a emendar nos despedimentos.
• Reclamación previa administrativa en materia laboral, e en materia de prestacións da Seguridade Social.
• Vinculación no Proceso respecto á Reclamación Previa.
O día 26 de novembro, tratouse o seguinte programa:
• Impugnación de altas médicas mediante o Procedemento Administrativo de desconformidade: comentario nos seus aspectos e diferenzas.
• A Demanda: técnicas a ter en conta antes de elaborar a demanda o Xulgado.
• Consellos. Partes da demanda. Diferenzas fundamentais a ter en conta.
• Requisitos da demanda de despedimento e, outras reclamacións de Procesos Ordinarios.
• Consellos sobre medios de proba a propoñer para xuízo.
• Consecuencias e trucos importantes a ter en conta.
• Da acumulación de accións e procesos.
O día 03 de decembro, tratouse o seguinte programa:
• Efectos posteriores a ter en conta despois da sinalización a xuízo, e citación das partes.
• Diferenzas importantes entre o desistimento e a Renuncia.
• Acto do xuízo. Ratificación etc. Parte actora/demandante, e contestación á demanda pola parte demandada, en estrados.
• Formas e condutas na contestación á demanda.
• Excepcións procesuais que poidan alegarse, conceptos e significado. Proposición de probas. Interrogatorios de partes e testemuñas. Proba documental pericial.
O día 10 de decembro, tratouse o seguinte programa:
• Celebración de dous xuízos simulados e prácticos con escena real de imitación á sala de vistas dun Xulgado, baseados nunha demanda real tipo, con todas as probas que aconsello, e outro despois, baseado na mesma demanda, na forma que dous alumnos voluntarios queiran actuar cada un en representación de cada parte en litixio.
• A Sentenza, os seus efectos e situación procesual.
O día 17 de decembro, tratouse o seguinte programa:
• Execución de Sentenzas (1ª Parte).
• Diferenzas segundo a materia. (Ver escritos modelos.... Segundo a materia).
• Observacións importantes a saber nas distintas execucións (2ª Parte).
• Recursos de reposición.
• Recursos de Suplicación.
• Preguntas e aclaracións sobre dúbidas a formular.
Ao finalizar a xornada, procedeuse á clausura do II Curso Práctico de Procedemento Laboral, que dió comezo o pasado 29 de outubro, e onde os inscriptos a este aprenderon as técnicas enfocadas ao tratamento dos casos e asuntos nos que intervirá o Graduado Social na súa actividade profesional en material xurídica-procesual.
Todas as xornadas tamén foron retransmitidas ONLINE para aqueles colexiados que se anotaron nesta modalidade.