Convenio de colaboración entre o Colexio e Banco Sabadell para colexiados

    Categorías:

    Na mañá do 22 de maio, o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense subscribiu un convenio de colaboración con Banco Sabadell, co obxectivo de ofrecer aos colexiados, unha ampla gama de produtos e servizos financeiros en condicións preferentes.

    O acto de firma tivo lugar na sede colexial e contou coa participación de José Lage Cerviño, presidente do Colexio, e de David Martís Sánchez, director rexional Galicia Norte de Banco Sabadell.

    Así mesmo, estiveron presentes Celestino Vietes Sánchez, secretario do Colexio, e por parte da entidade financeira Fernando Vieiro Barreiro, director de Sabadell Professional Galicia, e Cristina Toja, directora da oficina núm. 5187.

    Este acordo enmárcase na colaboración entre ambas as entidades a través de Sabadell Professional, a liña especializada do banco orientada a ofrecer servizos financeiros adaptados ás necesidades do colectivo profesional, con condicións vantaxosas e acompañamento personalizado.

    Grazas a este convenio, os colexiados poderán acceder a solucións financeiras deseñadas especificamente para a súa actividade profesional, así como a un servizo de asesoramento especializado que facilite a xestión das súas necesidades económicas tanto a nivel privado como profesional. 

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a17ac771b971425dbe62b4995e1bf626.pnghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=cb3b38969fc94e73a6a03b3bc298c5e8.png[/slide]

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].