Yolanda Díaz, Ministra de Traballo, cos Graduados Sociais

    Categorías: Etiquetas:

    Na sede do Ministerio de Traballo e Economía Social tivo lugar o encontro entre a titular da devandita carteira, Yolanda Díaz Pérez, que recibiu ao Presidente do Consello Xeral de Graduados Sociais de España. Nesta reunión tratáronse diversos asuntos de actualidade, de feito, ese mesmo día a Ministra compareceu na Comisión de Traballo, Inclusión, Seguridade Social e Migracións do Congreso dos Deputados a petición propia, para expoñer as liñas de actuación do seu departamento.  

    Estes temas serviron para que o presidente do Consello Xeral solicitase á ministra a presenza do noso Colectivo como “observadores privilexiados” desa realidade que ocorre cando leva á práctica a norma, reclamando tamén a nosa función de “consultores” para opinar con anterioridade á creación desta para que sexa certeira. Estes e outros moitos temas de interese para o noso colectivo foron os expostos nesta reunión.

    "O labor dos Graduados Sociais é un indicador excelente da situación sociolaboral do noso país." manifestou en twitter a Ministra Yolanda Díaz. 

    [slide]https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=6e95fd1f41eb40dfa385ad17bcc5e129.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=7fdef16e4157402b8a98da2975cd1e03.jpghttps://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=1fec98a23b094600abfb7b98cd6372db.jpg[/slide]

    O presidente do Consello estivo acompañado de Susana Soneira, Vicepresidenta 2º do Consello Xeral e Presidenta do Colexio de Coruña e Ourense, José Ramón Barreira Furtado, Presidente do Colexio de Sevilla e Guillermo Gumb, Presidente do Colexio de Bizkaia, por parte do Ministerio contouse coa presenza de Verónica Martinez Barbero, Directora Xeral de Traballo e o asesor da Ministra, Manuel Lago.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].