Categorías: 
                    Etiquetas:
                    
                    Os días 24 e 25 de outubro, celebrouse na cidade pontevedresa de Baiona, o "XVIII  Encontro  Galego de  Relacións Laborais", no que participaron representantes dos tres Colexios de Graduados Sociais de Galicia: Pontevedra, Lugo e da Coruña e Ourense, representados polos seus presidentes, D. Raúl Gómez Villaverde, D. Manuel Núñez Carreira e Dª Susana Soneira Lema, respectivamente.
Nesta XVIII Edición, o encontro centrouse na influencia das novas tecnoloxías no mercado laboral, que permitirán profundar en como os avances tecnolóxicos están a modificar as formas de traballo. Para iso, desenvolvéronse as seguinte mesas de traballo:
 Mesa A: Os novos e os vellos empregos. 
- 1) O futuro do traballo e do emprego en Galicia.
 
- 2) As plataformas dixitais.
 
Mesa B: As novas tecnoloxías dentro das empresas. 
- 1) As ameazas e as oportunidades que supoñen as novas tecnoloxías no ámbito laboral.
 
- 2) A igualdade entre mulleres e homes no ámbito laboral e as novas tecnoloxías.
 
[slide]

[/slide]