Categorías:
Na tarde do 10 de decembro, tivo lugar a webinar sobre "A nova regulación do traballo a distancia e a desconexión dixital”, organizada en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.
Presentaron o acto a Presidenta en Funcións do Consello Galego de Relacións Laborais, Dª Marisa Peña Cebreiro, e Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, dando a benvida aos relatores, moderadores e asistentes.
Inícianse as conferencias, coa mesa redonda: “A nova regulación do traballo a distancia e o teletraballo na negociación colectiva” e “A desconexión dixital e o seu desenvolvemento nos convenios colectivos”, a cargo de Dª Susana Rodríguez Escanciano, Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de León e de D. Guillermo Barrios Baudor, Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid. Modera, D. Jesús Vázquez Forno, Director da Escola de Relacións Laborais da Coruña.
Finalizadas ambas as intervencións, dáse paso á seguinte mesa redonda denominada: “Teletraballo e desconexión dixital”, e que correu a cargo das Organizacións Sindicais e Empresarial máis representativas de Galicia (UXT-Galicia, CIG, SN de CCOO de Galicia e CEG). Modera, Dª Marisa Peña Cebrerio, Presidenta en Funcións do Consello Galego de Relacións Laborais.
Xa para finalizar, a nosa Presidenta Dª Susana Soneira Lema, dá paso a D. Benigno Sánchez García, Inspector de Traballo e Seguridade Social da Coruña e a D. Emilio Fernández de Mata, Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que pronunciaron senllas conferencias sobre o “Teletraballo; Inspección de Traballo e Xurisdición Social”.
[slide]

[/slide]