Visita institucional co Colexio de Avogados da Coruña

    Categorías:

    O venres 26 de xullo, unha delegación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, encabezada polo Presidente, José Lage Cerviño; o Vicepresidente 1º, David Doldán Palacios; e o Secretario, Celestino Vieites Sánchez, visitou as instalacións do Colexio de Avogados da Coruña.

    No encontro, o Colexio de Avogados estivo representado polo Decano, Augusto José Pérez-Cepeda Vila; o Deputado 1º, José Miguel Orantes Canles; e a Secretaria, María Luisa Tato Fouz. O propósito da reunión foi fortalecer os lazos interinstitucionais, enriquecer o traballo conxunto e fomentar novas oportunidades para o desenvolvemento profesional de ambos colectivos.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=fc5c382b84474812ade3d4d5b84b2f15.jpg

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.