Categorías:
Etiquetas:
O pasado día 8 de marzo, atendendo á gentil invitación do Concello de Betanzos e froito das xestións realizadas polo noso amigo e compañeiro, Enrique Alonso Sanmartín, a Xunta de Goberno e o persoal do mesmo, visitaron esta fermosa cidade, con motivo da celebración do 800º aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao actual centro histórico.
[slide][/slide]
O concelleiro de Cultura de Betanzos, Andres Teijo Hermida, en representación da alcadesa, María Barral, recibiu aos membros do Colexio, encabezados pola súa presidenta, Susana Soneira Lema, que estivo acompañada, entre outros, por Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º e Secretario Xeral e José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º e Vicesecretario Xeral.
Durante a recepcion en a Sala Capitular da Casa Consistorial de Betanzos, Susana Soneira e Andrés Teijo intercambiaron senllos obsequios, como recordo desta visita, na que tambien estiveron presentes Enrique Alonso Sanmartín, Angelica Dopico Coroa e Manuel José Pedreira do Río, Graduados Sociais colexiados con despacho profesional en Betanzos.
[slide][/slide]
A continuacion gozamos dunha enriquecedora visita turística polos recunchos mais emblematicos da cidade, para posteriormente, celebrar a reunion da reunión da Comision Permanente da Xunta de Goberno do Colexio, nunha das salas cedidas polo Concello de Betanzos.
Móstranse, a continuacion, referencias nos medios de prensa.
[slide][/slide]