Etiquetas:
O venres, 26 de xullo, unha representación da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, desprazouse ao concello da Pobra do Caramiñal para realizar unha visita institucional coa intención de promover e difundir a nosa profesión e dar a coñecer o Servizo de Orientación Xurídico Laboral que esta corporación vén prestando, @gratuitamente, á cidadanía.
En primeiro lugar, o Alcalde da Pobra do Caramiñal, D. Xosé Lois Piñeiro García, recibiu aos integrantes da comitiva composta por Dª Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio, D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º e Secretario Xeral, D. Candido Sanisidro López, Tesoureiro e D. Manuel Vázquez Regueira e D. Miguel Angel Domínguez Losada, Vogal Ejerciente e Non Ejerciente respectivamente.
A continuación realizouse a presentación de Servizo de Orientación Xurídico Laboral gratuíto no Auditorio do Museo Valle Inclán, onde tamén se realizou a reunión da Xunta de Goberno e posteriormente unha visita guiada á "Torre de Bermúdez - Casa Museo Valle-Inclán" declarado monumento histórico-artístico en 1976.
Para finalizar os actos, celebrouse unha cea de confraternidade cos colexiados da comarca que manifestaron o seu interese en asistir.
Pulsa aqui para ver a rolda de prensa da visita institucional.
[slide]

[/slide]