Categorías:
Etiquetas:
A situación que estamos a vivir debido á pandemia provocada polo Coronavirus, non só está a crear unha situación crítica no aspecto sanitario, senón que tamén está a producir unha profunda crise económica e social. Os Graduados Sociais, como expertos na materia, están a ver os seus despachos desbordados de traballo.
É por iso que, o día 6 de abril, Dª Susana Soneira Lema, Presidenta deste Colexio Profesional, interveu nunha videoconferencia con D. Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Demetrio Fernández López, Director Territorial da Inspección de Traballo en Galicia, Dª Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, e Dª Teresa Bernal Cortegoso, Xefa do Servizo de Intermediación no Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia, co afán de poder resolver as dúbidas e inquietudes que xorden entre os nosos colexiados.

Participaron tamén Dª María Coutinho Villanueva, Subdirectora Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, D. Isidoro Martínez Arca e D. Santiago Álvarez González, Xefes territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña e Ourense, respectivamente e contamos tamén coa colaboración de D. Manuel Núñez Carreira e D. Raúl Gómez Villaverde, Presidentes dos Colexios de Graduados Sociais de Lugo e Pontevedra, respectivamente.