Categorías:
Na mañá do 08 de febreiro, D. Juan Martínez García, Vogal Non Exercente da Xunta de Goberno e Coordinador da Comisión de Relacións Públicas desta Corporación, participou no directo do programa radiofónico “Mediodía CopeFerrol” da Cadea Cope, onde falou da prevención e actuación contra o acoso no ámbito laboral, e a xornada formativa organizada desde o Colexio sobre este tema.
