Etiquetas:
O pasado día 15 de decembro celebráronse no Consello Xeral, no transcurso da reunión plenaria, as Eleccións para o cargo de Presidente, Vicepresidente 2º e dous Vogais Electivos. A nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema, presentábase como candidata á Vicepresidencia 2ª.
É por isto que nos alegra comunicarvos que, unha vez realizado o escrutinio dos votos, saíron elixidos os seguintes cargos:
Presidente: D. Ricardo Gabaldón Gabaldón
Vicepresidenta 2ª: Dª Susana Soneira Lema
Vogais Electivos:
- D. Carlos Puebla Lorente
- D. Carlos Agustín Bencomo González
O noso parabén aos elixidos.
[slide][/slide]