Categorías:
Etiquetas:
Durante a tarde do luns 21 de febreiro, a Escola de Relacións Laborais da Coruña, celebrou unha MasterClass impartida por Manuel Lago Peñas, Coordinador da materia "Políticas Socio-Laborais" do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e Asesor Económico do Gabinete Ministerio de Traballo, onde os alumnos e claustro docente, entre os que se atopaba a Presidenta do noso Colexio, Susana Soneira Lema, participaron dunha sesión maxistral, onde expuxo de primeirísima man, a situación actual do Emprego en España, por que chegamos ata aquí e a recente reforma laboral.
[slide]




[/slide]