Categorías:
Na mañá do 20 de maio, membros da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense reuníronse na sede colexial con diversas mutuas colaboradoras da Seguridade Social.
A primeira reunión realizouse con representantes de MC MUTUAL, contando coa presenza de Luis Grien Díaz, Director de MC MUTUAL na Coruña e Lugo, e Román Candales Bereijo, Adxunto á Dirección. A continuación, celebrouse outra reunión, esta vez coa Mutua Fremap, na cal participaron Carlos Chairos Santos, Director Rexional de FREMAP en Galicia, e Mª José Dobarro Otero, Xestora e formadora de FREMAP.
Por parte da nosa corporación asistiron José Lage Cerviño, Presidente; David Doldán Palacios, Vicepresidente 1º; Noelia Tomé Martínez, Vicepresidenta 2ª; Celestino Vieites Sánchez, Secretario; José Manuel Regueira Vázquez, Interventor-Contador; e José María Santiago García, Vogal Exercente e Coordinador da Comisión de Formación do Colexio.
O obxectivo principal destes encontros foi establecer un contacto directo e persoal entre os responsables de ambas institucións, co fin de fortalecer e afianzar futuras accións de interese común, como poden ser as actividades formativas.

