Reunións de traballo con varias entidades

    Categorías:

    Na tarde do 20 de febreiro, representantes do noso Colexio Profesional, mantiveron unha rolda de reunións con varias entidades, para establecer un contacto directo que permita un coñecemento persoal entre os responsables, e así poder afianzar e establecer futuras colaboracións coa nosa corporación. 

    O primeiro dos encontros foi con D. Luís Pernas Hermida, Director de Institucións en Banco Santander Galicia, que expuxo as liñas para seguir en canto ao convenio de colaboración que o noso Colexio mantén coa citada entidade bancaria.

    Por parte da nosa corporación asistiron: Dª Susana Soneira Lema e D. Celestino Vieites Sánchez, Presidenta e Xerente do Colexio, respectivamente.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=c34eec8551ba4cd4b755c4666e4b8951.JPG

    Posteriormente, estableceuse un primeiro contacto con Dª Mercedes Sierra Fernández-Victorio, Presidenta do Circulo de Mediación de Galicia, asociación sen ánimo de lucro, que ten por finalidade o fomento da mediación como método de resolución de conflitos.

    Nesta ocasión, foron recibidas pola Presidenta do Colexio, Dª Susana Soneira Lema, o Vicepresidente 2º e Vicesecretario, D. José Ramón Lage Cerviño, o Vogal Non  Ejerciente da Xunta de Goberno, D. Miguel Ángel Domínguez Losada e o Xerente do Colexio, D. Celestino Vieites Sánchez.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=819ad9aa766d421eb5bf57b3a656bc51.JPG

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].