Reunión de traballo co Concello da Coruña (29/10/2020)

    Categorías: Etiquetas:

    Na mañá do 29 de outubro, unha representación do noso Colexio Profesional, mantivo un encontro telemático con representantes da Concellería de Emprego, Consumo, Industria e Innovación do Concello da Coruña, para analizar a posta en marcha do Plan de Reactivación Económica e Social da Coruña (PRESCO), que pretende facer fronte aos efectos económicos e sociais da COVID-19, e contribuír ao mantemento do tecido socioeconómico da cidade.

    A esta reunión asistiron por parte do Concello da Coruña,  Dª Eva Martínez Acón, Concelleira de Emprego, Consumo, Industria e Innovación e D. Emilio Lesta Casal, Director de Área de Innovación, Emprego e Comercio.

    En representación da nosa Corporación, asistiron: D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º e Secretario Xeral; D. José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º e Dª Noelia Tomei Martínez, Interventora-Contadora do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=25f116aed24e4fe2a58e0c0599c8d8f9.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].