Reunión Institucional entre o Colexio e Ibermutua Galega

    Categorías:

    O martes, día 14 de maio, tivo lugar na sede colexial unha reunión institucional entre o noso Colexio e Ibermutua Galega - Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, na que se abordaron numerosos temas en orde a levar a cabo unha máis estreita relación entre ambas as institucións, como a realización de actividades e fomento de novas accións de interese común.

    A delegación de Ibermutua Galega estivo encabezada por Javier Flórez Arias, Director Territorial; acompañado por Alejandra Garrido Fernández, Subdirectora Territorial e Ángel García Santalices, Coordinador de Atención ao Mutualista. Por parte do Colexio, estiveron presentes José Lage Cerviño, Presidente; David Doldán Palacios, Vicepresidente 1.º e Celestino Vieites Sánchez, Secretario.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=5c9c528393f147b99a61280d6474a6ca.JPG

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.