Categorías:
Etiquetas:
O pasado venres, 3 de marzo, unha representación da Xunta de Goberno do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense mantivo un encontro con D. Jose Luís García García, Deputado de Promoción Económica e Emprego. O encontro virou en torno ao servizo profesional gratuíto de orientación xurídico laboral que ofrece o colexio a persoas sen recursos.
A cita finalizou co acordo entre o colexio e a Deputación para coordinar a prestación do servizo en todos os concellos da provincia. A idea é que a institución actúe como catalizador deste servizo xurídico gratuíto. O encontro tivo lugar na sede da Deputación e contou coa presenza da Presidenta do Colexio, Dª Susana Soneira Lema; D. Eduardo López Ameijeiras, Vicepresidente Segundo, e D. Cándido Sanisidro López, Vogal Exercente.
