Categorías:
O venres 2 de outubro celebrouse, de forma telemática, unha nova reunión de seguimento entre representantes da Xerencia Rexional e Territorial do Catastro de Galicia e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, no marco do convenio de colaboración en materia de xestión catastral e funcionamento do Punto de Información Catastral (PIC).
Durante o encontro analizouse o desenvolvemento do convenio durante este ano 2026 e abordáronse distintas medidas para mellorar e ampliar os servizos do PIC, entre elas, o impulso da formación catastral para os colexiados, especialmente en modalidade en liña a través da plataforma EduCat, sen descartar futuras xornadas prácticas. Tamén se acordou seguir promovendo o uso do PIC e da Sede electrónica do Catastro, especialmente para axilizar as xestións relacionadas con trámites hereditarios.
En representación do Colexio participou Noelia Tomé Martínez, vicepresidenta segunda, mentres que por parte do Catastro participou, entre outros representantes, Manuel Junco Ruiz, xerente territorial do Catastro en Ourense.
