Reunión de traballo entre o Colexio e Fraternidade-Muprespa

    Categorías:

    Como continuidade á primeira toma de contacto celebrada en novembro do pasado ano, o 12 de maio tivo lugar nas nosas instalacións unha reunión de traballo entre representantes do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense e a mutua Fraternidade-Muprespa. O obxectivo do encontro foi concretar futuras accións conxuntas en materia de formación dirixidas aos colexiados.

    En representación do Colexio asistiron José Lage Cerviño, presidente; Celestino Vieites Sánchez, secretario, e José María Santiago García, coordinador de formación. Por parte de Fraternidade-Muprespa participaron Alejandro Lamelo Garrido, director provincial na Coruña, e Bel Fernández Otero, asesora técnica de colaboradores e empresas.

    Este encontro reforza o compromiso de ambas as entidades coa mellora continua e a capacitación profesional dos graduados sociais.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=1bf423753243450285dbe7e4554a1ff6.JPG

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].