Etiquetas:
Durante a tarde do mércores día 17 de novembro do 2021, e coincidindo coa nosa Reunión Ordinaria da Xunta de Goberno do Colexio, celebrouse unha reunión de traballo con Luís Grien Díaz, Director de MC-Mutual na Coruña e Lugo e Román Candales Bereijo, Adxunto á Dirección de MC-Mutual na Coruña e Lugo; dando así continuidade á rolda de reunións previstas coas Mutuas Colaboradoras, co fin de reactivar a colaboración profesional.
Asistiron por parte do noso Colexio: Susana Soneira Lema, Presidenta; Miguel Ángel Domínguez Losada, Secretario Xeral e Celestino Vieites Sánchez, Xerente.
Conectados por videoconferencia estiveron: Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º; José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º; Cándido Sanisidro López, Tesoureiro; Noelia Tomé Martínez, Interventora-Contadora; Roberto Barros López, Vogal Exercente e Juan Martínez García, Vogal Non Exercente da Xunta de Goberno do Colexio.
