Categorías:
Durante a tarde do mércores día 05 de maio, coincidindo coa reunión da Comisión Permanente da nosa Xunta de Goberno, celebrouse unha reunión de traballo con David Rey Durán, Director Territorial de Mapfre en Galicia Norte, na que nos presentou o ratificado acordo de colaboración co noso Consello Xeral, que continuará ofrecendo solucións de vida e accidentes, saúde, autos, fogar ou multirisco e formación continua, entre outros produtos. Así como a posibilidade, para os graduados sociais, de ter un plan de mediación con Mapfre.
Asistiron por parte deste Colexio Profesional: Susana Soneira Lema, Presidenta; Miguel Ángel Domínguez Losada, Secretario Xeral e Celestino Vieites Sánchez, Xerente do Colexio.
Conectados por videoconferencia estiveron: Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º; José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 2º, Noelia Tomé Martínez, Interventora-Contadora e Juan Martínez García, Vogal Non Exercente da Xunta de Goberno do Colexio.
[slide]
[/slide]