Reunión de traballo coa Dir. Prov. ITSS da Coruña

    Categorías:

    O día 2 de maio de 2024, unha representación do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense composta polo seu Presidente, José Lage Cerviño e o seu Vicepresidente 1º, David Doldán Palacios, reuniuse esta mañá co Director Territorial de Galicia da Inspección de Traballo e Seguridade Social, Demetrio Fernández López e coa Xefa da Inspección Provincial da Coruña, Mª Aciñeira Santamarina Durán.

    Este encontro converteuse na presentación oficial da renovada Xunta de Goberno do Colexio coa Inspección Provincial. Durante a xornada valoráronse diferentes liñas para reforzar a colaboración entre ambas as institucións e, en concreto, profundouse no tema da formación. O obxectivo é ofrecer cursos de formación específica, tanto a Graduados Sociais colexiados como a aqueles precolegiados, para que poidan contar cos coñecementos necesarios para presentarse ás convocatorias para os corpos da Inspección de Traballo.

    Todos os interesados neste tipo de formación van poder acceder a estas clases a través do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense para formarse en temas moi específicos en materia laboral. Unhas xornadas que achegan coñecementos moi útiles para todos os profesionais que se dedican a este ámbito, estean ou non pensando en prepararse para unhas oposicións.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=ef01bebd35784acb87ddf0181912b38e.jpg

     

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].