Categorías:
Etiquetas:
Ao longo desta mañá do 25 de novembro do 2021, celebrouse unha reunión de traballo con Ibermutua Galega, nas súas instalacións de Monte Alfeirán, seguindo coas reunións previstas coas Mutuas Colaboradoras, co fin de reactivar a colaboración profesional.
Por parte do noso Colexio asistiron á mesma: a Presidenta, Susana Soneira Lema; José Ramón Lage Cerviño, Vicepresidente 1º, Miguel Ángel Domínguez Losada, Secretario Xeral, e o Xerente, Celestino Vieites Sánchez.
Pola Mutua, estiveron Javier Flórez, Director Territorial de Galicia, Alejandra Garrido, Subdirectora territorial, Eva Amor Fraga, Directora do centro da Coruña e Angel García Santalices, coordinador de atención ao mutualista.
