Etiquetas:
En cumprimento do convenio subscrito en 2023 entre a Dirección Xeral do Catastro e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, en materia de xestión catastral, o pasado 18 de xuño celebrouse, de forma telemática, a reunión da Comisión de Seguimento, Vixilancia e Control do referido acordo.
Durante o encontro, realizouse un balance do servizo de consulta e certificación catastral prestado desde a última sesión, así como a análise de diversas cuestións de interese expostas por ambas as partes. Ademais, valorouse positivamente a posibilidade de organizar de maneira conxunta unha acción formativa dirixida aos colexiados.
Por parte do noso Colexio participou Celestino Vieites Sánchez, secretario; mentres que a Dirección Xeral do Catastro estivo representada por Victoria Fernández Estevan, xerente rexional do Catastro de Galicia, e Manuel Junco Ruiz, xerente territorial do Catastro en Ourense.
