Reunión do noso Colexio coa Consellería de Emprego e Igualdade.

    Categorías:

    Na mañá do 10 de febreiro de 2021, unha delegación do noso Colexio Profesional, acompañados por. D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, reuníronse de forma virtual con Dª María Jesús Lorenzana Somoza, Conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, coa finalidade de presentarlle o Servizo de Orientación Xurídico Laboral Gratuíto, que ambas as Corporacións teñen ao dispor dos cidadáns.

    Na reunión estiveron presentes en representación do noso Colexio: Dª Susana Soneira Lema e D. José Ramón Lage Cerviño, Presidenta e Vicepresidente 2º, respectivamente.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e4b0464a6d57455491e6b80376d2bc24.jpg

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.