Reunión do noso Colectivo coa Consellería de Economía, Emprego e Industria

    Categorías:

    O 02 de abril, unha delegación dos Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia, reuníronse, coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e algúns organismos vinculados. 

    Durante o encontro, que se realizou por videoconferencia, expuxéronse entre outros temas, a inquietudes e dificultades coas que se están atopando o noso colectivo á hora de traballar cos diferentes organismos neste momento tan  convulsivo como consecuencia da crise xerada pola pandemia do COVID-19.

    Así mesmo, expúxose a posibilidade de realizar unha videoconferencia con todos os colexiados interesados, quedando á espera de fixar unha data propicia.

    Asistiron a esta reunión por parte da administración: D. Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria; Dª Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego e Dª Teresa Bernal Cortegoso, Xefa do Servizo de Intermediación no Servizo Público de  Emprego de Galicia (Xunta de Galicia). 

    En representación dos Colexios de Graduados Sociais, asistiron: D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo, D. Raúl Gómez Villaverde, Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra e Dª Susana Soneira Lema, Presidenta do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=00c4b3a56ea4499f9b2a7fcf315b5af8.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].