Reunión da Comisión Seguimento Covid-19 do TSXG (19/10/2020)

    Categorías: Etiquetas:

    A Comisión de Seguimento da Crise Sanitaria no ámbito do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, presidida polo Presidente do TSXG, D. José María Gómez y Díaz-Castroverde, mantivo na mañá do 19 de outubro, unha nova reunión telemática.

    Como é habitual desde hai meses, nas devanditas reunións vense traballando nos plans e medidas da actividade xudicial en referencia á evolución da pandemia xerada polo Covid-19. Nesta data, expuxéronse concretamente cuestións prácticas de funcionamento dos xulgados en materia de prevención e protección relacionado co coronavirus co fin de tomar medidas de futuro en previsión a posibles casos que se vaian presentando. Tamén se trataron asuntos relacionados coa liberdade de circulación de profesionais nos Xulgados que quedan liquidados coa Lei 3/2020, sobre a cita previa que aos poucos se vai implantando nas catro provincias, e por último, falouse das formas de actuar no caso de positivos nos xulgados e como establecer os Xulgados de Garda en caso deses positivos.

    Asistiron ademais do presidente do TSXG, o Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, D. Alfonso Rueda Valenzuela; o Conselleiro de Sanidade, D. Julio García  Comesaña; o Secretario Xeral da Consellería de Xustiza, Director Xeral de Xustiza e Fiscal Superior de Galicia, D. Fernando Suances Pérez; a Secretaria de Goberno do Tribunal, Dª Concepción Otero Piñeiro, o Presidente da Audiencia Provincial da Coruña, D. Ignacio Picatoste  Sueiras; o Xuíz Decano de Vigo, D. Germán Serrano Espinosa; o Presidente do Consello de Avogacía de Galicia e Decano do Colexio de Pontevedra, D. Ramón Jaúdenes López Castro; o Presidente do Consello Galego de Procuradores e Decano do Colexio de Procuradores de Santiago, D. Fernando González Concheiro; o Vicepresidente Segundo do Excmo. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, D. José Lage Cerviño, e a Xefa de prensa do TSXG, Dª María Pardo Ríos.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=23d6172516f544faad19a477fcc90517.png

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].