Reunión da Comisión Permanente (01/09/2020)

    Etiquetas:

    Na tarde do 01 de setembro, a nosa Xunta de Goberno renovou a súa actividade despois do período estival, coa celebración da reunión semanal da Comisión Permanente, levada a cabo na Sala de Xuntas do Colexio.

    Asistiron á mesma de forma presencial: a nosa Presidenta, Dª Susana Soneira Lema; a Interventora-Contadora, Dª Noelia Tomé Martínez; o Vogal Non Exercente da Xunta de Goberno, D. Miguel Ángel Domínguez Losada e o Xerente do Colexio, D. Celestino Vieites Sánchez.

    Facendo uso da plataforma de streaming, seguiron o desenvolvemento da mesma: o Vicepresidente 1º e Secretario do Colexio, D. Alejandro Pérez Otero; o Vicepresidente 2º, D. José Ramón Lage Cerviño; o Tesoureiro, D. Cándido Sanisidro López e o Vogal Non Exercente, D. Juan Martínez García.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=e2843f7a73b14cb4b37212184c433165.JPG

     

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.