Reunión coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia

    Etiquetas:

    Na mañá do 16 de maio, unha representación dos tres Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia reuníronse co Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e  Xustiza, D. Alfonso Rueda Valenzuela. Durante o encontro abordáronse diferentes temas, todos eles relacionados coas inquietudes do noso colectivo e as súas correspondentes relacións coa Administración. 

    Entre os principais temas ao redor dos que virou esta xornada, destacaron a inclusión da profesión de Graduado Social na Relación de Postos de Traballo ( RPT), a quenda de oficio e o seu interese mutuo, así como da constitución do Consello Galego de Graduados Sociais. Por último, falouse sobre un dos temas que máis preocupa a este colectivo nos últimos meses, a situación actual de saturación de expedientes dos Xulgados do Social pola folga, como é o caso de Santiago de Compostela, e polo tanto a necesidade de crear un novo Xulgado do Social.

    O encontro contou tamén coa presenza da Directora Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Dª Natalia Prieto Viso, e da Secretaria Xeral Técnica, Dª Beatriz Cuíña Barja. Pola súa banda, en representación dos Colexios de Graduados Sociais galegos acudiron D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense; D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio de Lugo, e D. Raúl Gómez Villaverde, Presidente do Colexio de Pontevedra.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=28572513d9574e1dbc363f5e39238118.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].