Categorías:
Na mañá do 13 de abril, a presidenta do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Dª Susana Soneira Lema, reuniuse co Subdelegado do Goberno na Coruña, D. Jorge Atán Castro. Ao encontro asistiron membros da Xunta de Goberno desta corporación e do equipo técnico da Subdelegación.
No transcurso da reunión a presidenta do Colexio, presentou ao Subdelegado a actividade que realiza a entidade, poñéndose a disposición para establecer calquera colaboración mutua. Entre outros asuntos abordáronse tamén as propostas do Colexio para establecer unha coordinación coa Subdelegación do Goberno para a tramitación telemática de aspectos administrativos vinculados a permisos de traballo e outras cuestións relacionadas con estranxeiría.
[slide]
[/slide]