Categorías:
Etiquetas:
Tras a publicación no BOE do convenio de colaboración subscrito coa Dirección Xeral do Catastro, o día 22 de maio mantívose unha reunión na sala de xuntas da Delegación de Economía e Facenda para a constitución da Comision de seguimento, vixilancia e control.
Por parte desta Corporación asistiron Susana Soneira Lema e os compoñentes da referida comisión, Cándido Sanisidro López e Noelia Tome Martínez.
Por parte do catastro, asistiron Vitoria Fernández, e Isidoro Miguel, Xerente Rexional e adxunto respectivamente na Coruña e o Xerente Territorial de Ourense, Manuel Xunco, e a Xefe rexional de procedementos catastrais, Asunción Perala.
