Categorías:
O 20 de novembro, no marco dos encontros destinados a potenciar a colaboración profesional e xerar novas oportunidades de desenvolvemento, levou a cabo unha reunión coa mutua Fraternidade-Muprespa nas súas instalacións da cidade da Coruña. Este encontro tivo como obxectivo principal o deseño de iniciativas conxuntas de formación e o impulso de accións de interese común para ambas as institucións.
Representando ao Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, asistiron José Lage Cerviño, Presidente; David Doldán Palacios, Vicepresidente 1º; e Celestino Vieites Sánchez, Secretario. Por parte de Fraternidade-Muprespa, participaron Alejandro Lamelo Garrido, Director Provincial da Coruña, e Mª Belén Fernández Otero, Asesora Técnica.
