Reunión coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

    Categorías:

    Na mañá do 07 de xuño, D. Alejandro Pérez Otero, Vicepresidente 1º do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense; D. Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio de Lugo e D. Raúl Gómez Villaverde, Presidente do Colexio de Pontevedra; mantiveron unha reunión co Secretario da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), D. Eduardo Ramonde Rodríguez.

    Durante o encontro abordáronse diferentes temas, como:

    A necesidade de que en todas as RTP dos concellos galegos apareza recoñecido como tal, o posto de Graduado Social. 

    O estudo dun convenio de colaboración co fin de achegar a todos os municipios da xeografía galega, o noso Servizo de Orientación Xurídico-Laboral Gratuíto.

    Por último e para finalizar o encontro, falouse da posibilidade de participar na revista trimestral da FEGAMP, con artigos desenvolvidos por profesionais do noso colectivo.

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].