Categorías:
O 22 de maio pola tarde, o Presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, José Lage Cerviño; a Vicepresidenta 2ª, Noelia Tomé Martínez; e o Secretario, Celestino Vieites Sánchez, reuníronse na nosa sede colexial con Jesús Vázquez Forno, Director da Fundación E.U. de Relacións Laborais da Coruña e Benito Couceiro Naveira, Vicedecano de Organización.
Durante a reunión, falouse de varios temas importantes para o noso colectivo e para os estudantes do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Tratáronse aspectos clave como a precolexiación e a orientación profesional adecuada do alumnado, co fin de que os estudantes coñezan as posibles saídas profesionais dos seus estudos. Tamén abordouse a participación e colaboración do noso Colexio nos diferentes másteres organizados pola ERLAC. Todos estes temas plasmaranse nun futuro acordo de colaboración.
