Categorías:
Etiquetas:
O luns, 12 de decembro, a presidenta desta Corporación, Susana Soneira Lema, acompañada de Noelia Tome Martinez e David Doldan Palacios, membros da Xunta de Goberno, reuníronse con Elena Mancha Montero de Espinosa, Directora Xeral de Relacións Laborais. O tema central da reunion foi o servizo de Orientacion Juridico laboral gratuíto, que este Colexio ofrece á cidadanía para asesoramento en materias laboral, xurídico laboral e de seguridade social ante asuntos ocasionais dirixido a resolver as dúbidas legais nas citadas materias.

Asistiron, tamén, Demetrio Fernández López, Director Territorial da Inspección de Traballo e S.S. e Miguel Planas Roca, Director Provincial da TGSS, entre outros.