Categorías:
Etiquetas:
Ao longo da mañá de luns, 29 de agosto, mantívose unha reunión coa Directora Xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha Montero de Espinosa, e o Subdirector Xeral de Relacións Laborais, Carlos Gómez Martínez, para tratar sobre o convenio de colaboración para a asistencia xurídica gratuíta que xa prestan os tres colexios galegos de Graduados Sociais e a publicitación do mesmo.
En representación do Colexio da Coruña e Ourense asistiron o Vicepresidente 1º, Alejandro Pérez Otero e o Tesoureiro, Cándido Sanisidro López; polo Colexio de Lugo e o de Pontevedra, contamos cos seus Presidentes, Manuel Núñez Carreira e Raúl Eugenio Gómez Villaverde, respectivamente.
