Categorías:
Etiquetas:
O pasado luns, día 7 de marzo, unha delegación do noso Colexio Profesional, desprazouse a Santiago para manter unha reunión coa Directora e o Subdirector da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Conselleria de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, Elena Mancha e Carlos Gomez Martínez respectivamente, co obxectivo de tratar a renovación do convenio de colaboración asinado coa Consellería no ano 2021, para o servizo de orientación xurídico-laboral que é prestado á cidadanía que o solicita e necesita dun asesoramento.
Ao encontro tamén asistiron Alejandro Pérez Otero e Cándido Sanisidro López, Vicepresidente 1º e Tesoureiro respectivamente desta Corporación e Manuel Núñez Carreira, Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Lugo.