Reunión con la Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Geográfica

    Etiquetas:

    O 12 de xuño, unha representación dos Colexios de Graduados Sociais de Galicia, reuníronse, coa directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Xeográfica da Consellería de Política Social, Dª Amparo González Méndez. O encontro tivo como obxectivo principal o retomar as conversacións mantidas na última reunión sobre a controvertida normativa de mediación familiar, ao non incluír aos Graduados Sociais a normativa vixente, como mediadores da Xunta en materia de familia.

    Desde a Dirección Xeral de Familia informaron de que xa se remitiu aos servizos xurídicos da Xunta de Galicia, o texto de reforma do decreto onde existe esa limitación, para que unha vez obtido a súa visto e prace, procédase á publicación no Boletín Oficial.

    Asistiron a esta reunión, D. Alejandro Pérez Otero e D. Cándido Sanisidro López, Vicepresidente 1º e Contador-Interventor desta Corporación; D. Raúl Gómez Villaverde, Presidente do Colexio de Graduados Sociais de Pontevedra e D. José Luis Piñón Calvo, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Graduados Sociais de Lugo. 

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=a404125cb8f14184b24d71e1fad5ad06.jpg

    Ocultar

    Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Al pulsar Acepto consiente dichas cookies. Puede obtener más información pulsando Más información [Más información] o bien conocer cómo cambiar la configuración pulsando en configuración de cookies [Configuración de cookies].