Reunión coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

    Categorías:

    O 19 de novembro, unha delegación dos Colexios Oficiais de Graduados Sociais de Galicia, reuníronse, coa Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, Dª Amparo González Méndez. O encontro, como continuación ao mantido o pasado mes de xuño, tivo como obxectivo principal, seguir tratando a incorporación dos Graduados Sociais como Mediadores no Rexistro de Familia.

    Lembrar que no DOG do 28 de decembro de 2018, publícase que os Graduados Sociais que teñan a formación específica como mediadores, poden rexistrarse no Rexistro de Mediadores Civís e de Familia; o cal, entrou en vigor o pasado 01 de xaneiro de 2019.

    Asistiron a esta reunión en representación do noso Colexio Profesional, Dª Susana Soneira Lema e D. Alejandro Pérez Otero, Presidenta e Vicepresidente 1º - Secretario Xeral, respectivamente.

    https://www.graduadossociales.org/getFile.aspx?id=805b79f8ba4841d38fc6d1ec238e65a5.jpg

    Utilizamos cookies técnicas necesarias e cookies de terceiros de Google Maps para prestar os nosos servizos. Pode obter máis información na nosa política de cookies.